O CES 2019
O CES é unha das feira máis grande do mundo na cal exponse as últimas innovacións en tecnoloxía de consumo. Esta feira permítelles aos expositores promover os seus produtos e firmar importantes contratos coas importantes empresas do sector. O CES 2019 terá lugar en Las Vegas entre o 8 e o 11 de Xaneiro.
Esta feira comezou en xuño do 1967 en New York. Nesta feira expuxéronse as novidades tecnolóxicas das catorce marcas máis importantes ata o momento, entre elas LG e Phillips. Nesta houbo moita presenza de marcas xaponesas e os produtos exhibidos centráronse, sobre todo, no vidro e no audio, como televisións e audiófonos.
Esta feira comezou en xuño do 1967 en New York. Nesta feira expuxéronse as novidades tecnolóxicas das catorce marcas máis importantes ata o momento, entre elas LG e Phillips. Nesta houbo moita presenza de marcas xaponesas e os produtos exhibidos centráronse, sobre todo, no vidro e no audio, como televisións e audiófonos.
No 1971, o CES trasladouse a Chicago e aumentou tanto os expositores coma o público, levando así a que no 1973 celebrárase a feira dúas veces.
No 1978, decídese trasladar o CES invernal a Las Vegas e deixar o veraniego en Chicago. No 1980, os videoxogos e os seus produtores coma Nintendo, acapararon as exposicións. No 1990 a celebración de Las Vegas tivo moita máis asistencia que a de Chicago, polo que no 1999 proclamouse a Las Vegas a única sede oficial do CES. No 1993 Apple asistiu por última vez ao verse superado por Sony.
CES NOVIDADES:
1- Os novos televisores de Amazon que traen xa incorporado o “Amazon Echo”. Así Alexa estaría xa incorporada no televisor permitíndoche controlar só coa voz o televisor.
Outras innovacións deste estilo son os televisores que van presentar marcas como LG e Panasonic, os cales terán as tan cacarexadas pantallas transparentes e a asistente de Google e o Bixby incorporados.
2- No campo da telefónica esperamos atopar os primeiros teléfonos con pantallas perforadas en prol de aumentar ao máximo a pantalla e incorporar a cámara dianteira. Algunhas das marcas que no los presentarán son Samsung e Huawei.
3- Intelixencia artificial aplicada á auto-moción, dando lugar así a vehículos dirixidos por un asistente virtual. Este ano preténdese acadar un ton de voz máis natural posible. Un dos exemplos é o quad autónomo de Toyota.
4- Hi Mirror é unha das apostas máis arriscadas xa que se trata dun espello capaz de analizar a calidade da pel .
Hi Mirror
5-Hupnos é unha especie de careta que lles permitirán a todas aquelas persoas que roncan, poidan pasar un bo sono, xa que xera unha serie de vibracións que lle indican ao durmido cando debe cambiar de posición.
Hupnos
6- Artemis é un dispositivo que lles permite aos usuarios ver como lles quedaría un cambio do peiteado, da cor do cabelo ou no maquillaxe.
7- Cueiros intelixentes que conteñen un sensor conectado a Bluetooth que lle permite as nai saber cando é hora de cambialo.
8- Inodoro intelixente que está conectado con Alexa polo que lle permite ao usuario aforrar auga, así como ver pola noite xa que incorpora luces e cambia de cores.
9- Robots que te coidan e te acompañan. Estes robots están programados para controlar o teu estado de saúde permitindo medir a presión sanguínea cando se lle topa cun dedo na pantalla. Tamén hai outros tipos de robots coma os que te axudan a durmir e relaxarte ou os que se encargan do teu coidado persoal.
10- Emotive Driving é un sistema deseñado por Kia que adapta o auto segundo o estado de ánimo dos seus pasaxeiros.
Dentro das dúas propostas que eu creo que non van ter moito éxito por seren moi caras son:
Por un lado, os quad intelixentes de Toyota, xa que os coches xa son caros de por si, e máis aínda se lles sumamos a incorporación da tecnoloxía intelixente.
Por outro lado atopamos os robots de compañía e control da saúde, xa que as persoas que están enfermas soen inverter os seus ingresos nos medicamentos necesarios para a súa mellora. Ademais os robots non é que representen a tecnoloxía máis barata do mercado.
Dentro das dúas propostas que eu considero que non van ter fama por seren moi raras son:
Por un lado, os cueiros intelixentes xa que, a moitos pais non lles faría graza que os seus fillos teñan un sensor preto deles, de maneira que non só eles poidan saber onde están, e mesmo que lles poidan causar problemas de saúde debido as emisións de radiación.
Por outro lado, atopamos o Hupnos xa que non creo que a ninguén lle faga graza durmir cunha careta que te cubra toda a cara e mesmo te esperte pola noite para que te cambies de posición pola noite.
Dentro das propostas que eu creo que van a triunfar e a estenderse son:
Por un lado, o televisor con Alexa incorporado, xa que non terá un prezo moi elevado e mesmo vai ser de grande utilidade.
Por outro lado, atopamos Emotive Driving de Kia xa que, aínda que a prozo será elevado, ao mesmo tempo será accesible para a meirande parte da poboación. Ademais este sistema será popular debido a que permitirá entreter aos nenos nos viaxes no autocar e entreterse nas viaxes longas.
WEBGRAFÍA:
ces.tech/international
eventos/ces-2019
trecebits
muyinteresante
tecnologia/innovaciones/ces-2019
ces.tech/About-CES
Comentarios
Publicar un comentario